miércoles, 31 de octubre de 2012

La historia de la bicicleta


A HISTORIA DA BICICLETA

Todo o mundo coñece que é unha bici, e a maioría temos unha. É unha compañeira infatigable e leal, agradable e divertida dos nosos paseos e aventuras. Salvando as diferenzas, todas as bicicletas de hoxe son moi semellantes e constan dos mesmos mecanismos; pero non sempre foi así: a bici, como tantos outros inventos, cambiou ao longo do tempo.
Dise que no Antigo Exipto fabricáronse artefactos rudimentarios compostos por dúas rodas unidas por una barra. Tamén, en China, sábese dun artiluxio moi similar, pero con cordas feitas con bambú. Na cultura azteca, atopáronse vestixios do que podía ser algo parecido a un vehículo con dúas rodas e se impulsaba con un velamen.
O inventor da bicicleta foi Leonardo di ser Piero da Vinci. Este home renacentista non puido ver rematada a súa obra, o único que chegou a ver da bicicleta foi o seu deseño. Non se levou a cabo a súa obra porque non tiñan ferramentas nin material adecuado nesa época.
Tras Leonardo, outros inventores crearon e modificaron o seu invento ata crear a actual bicicleta. Dise que en 1790, o barón francés Mede de Sivrac inventou en París o “celerífero”, ao que tamén chamaban “cabalo de rodas”. Este consistía nun listón de madeira, rematado nunha cabeza de león, dragón ou cervo, e todo sobre dúas rodas. Non tiña articulación algunha, e para as manobras había que botar pé a terra. Esa mesma rixidez facía que todas as variacións do terreo repercutiran no corpo da súa montura. Sen embargo, o conde Mede Sivrac, inventor do “célérifère”, xamais existiu. O personaxe foi creado en 1891 polo periodista francés, especialista na locomoción terrestre, Louis Baudry de Saunier ( 1865 - 1938 ). Para él era máis gratificante realizar unha copia da invención de Karl Drais para 1790 e atribuílo a un francés na súa Historia Xeneral do velocípedo, que apareceu en 1891.
En 1817, o barón alemán Karl Christian Ludwig Drais von Sauerbronn inventou o primeiro vehículo de dúas rodas, ao que chamou máquina andante (en alemán, laufmaschine), precursora da bicicleta e a motocicleta. Esta “máquina andante” consistía nunha especie de carriño de dúas rodas, colocadas unha detrás doutra, e un manillar. A persoa mantíñase sentada sobre unha pequena montura, colocada no centro dun pequeno marco de madeira. Para moverse, empurraba alternativamente co pé esquerdo e o dereito cara diante, de forma parecida ao movemento dun patinador. Con este pulo, o vehículo adquiría unha velocidade case idéntica á dun coche. Os seus brazos descansaban sobre un pousabrazos de ferro, e coas mans sostiña unha vara de madeira, unida á roda dianteira, que xiraba na dirección cara á cal quería ir o condutor.
Este invento está baseado na idea de que unha persoa, o camiñar, desaproveita moita forza por ter que desprazar o seu peso en forma alternada dun pé ó outro. Drais logrou crear este sinxelo vehículo que permitiu ao home evitar ese traballo. Esta máquina, denominada inicialmente draisiana en honor ao seu inventor e posteriormente chamada máis comunmente velocípedo, evolucionou rápidamente.
A construción da primeira bicicleta con pedais atribúese ao escocés Kirpatrick Macmillan, no ano 1839. Unha copia da bicicleta de Mcmillan exhíbese non Museu de Ciencias de Londres, Inglaterra. Macmillan nunca patentou o invento, que posteriormente foi copiado en 1846 por Gavin Dalzell de Lesmahagow, quen o difundiu tan amplamente que foi considerado durante cincuenta anos o inventor da bicicleta.



Cerca de 1890, o inglés John Boyd Dunlop (afeccionado ó ciclismo e creador da empresa homónima) inventou unha cámara de tela e caucho, que se inflaba con aire e se colocaba na llanta. Para evitar pinchazos, Dunlop inventou ademais unha cuberta tamén de caucho. Estes inventos de Dunlop case non sufriron variacións significativas dende a súa invención.
Dende entón, as bicicletas non pararon de evolucionar. Hoxe en día, hai bicicletas de montaña, competición, estrada, eléctricas,…


GALA ESTÉVEZ RODRÍGUEZ



No hay comentarios:

Publicar un comentario