A
HISTORIA DA BICICLETA
Todo
o mundo coñece que é unha bici, e a maioría temos unha. É unha
compañeira infatigable e leal, agradable e divertida dos nosos
paseos e aventuras. Salvando as diferenzas, todas as bicicletas de
hoxe son moi semellantes e constan dos mesmos mecanismos; pero non
sempre foi así: a bici, como tantos outros inventos, cambiou ao
longo do tempo.
Dise
que no Antigo Exipto fabricáronse artefactos rudimentarios compostos
por dúas rodas unidas por una barra. Tamén, en China, sábese dun
artiluxio moi similar, pero con cordas feitas con bambú. Na cultura
azteca, atopáronse vestixios do que podía ser algo parecido a un
vehículo con dúas rodas e se impulsaba con un velamen.
O
inventor da bicicleta foi Leonardo di ser Piero da Vinci. Este home
renacentista non puido ver rematada a súa obra, o único que chegou
a ver da bicicleta foi o seu deseño. Non se levou a cabo a súa obra
porque non tiñan ferramentas nin material adecuado nesa época.
Tras
Leonardo, outros inventores crearon e modificaron o seu invento ata
crear a actual bicicleta. Dise que en 1790, o barón francés Mede de
Sivrac inventou en París o “celerífero”, ao que tamén chamaban
“cabalo de rodas”. Este consistía nun listón de madeira,
rematado nunha cabeza de león, dragón ou cervo, e todo sobre dúas
rodas. Non tiña articulación algunha, e para as manobras había que
botar pé a terra. Esa mesma rixidez facía que todas as variacións
do terreo repercutiran no corpo da súa montura. Sen embargo, o conde
Mede Sivrac, inventor do “célérifère”, xamais existiu. O
personaxe foi creado en 1891 polo periodista francés, especialista
na locomoción terrestre, Louis Baudry de Saunier ( 1865 - 1938 ).
Para él era máis gratificante realizar unha copia da invención de
Karl Drais para 1790 e atribuílo a un francés na súa Historia
Xeneral do velocípedo, que apareceu en 1891.
En
1817, o barón alemán Karl Christian Ludwig Drais von Sauerbronn
inventou o primeiro vehículo de dúas rodas, ao que chamou máquina
andante (en alemán, laufmaschine), precursora da bicicleta e a
motocicleta. Esta “máquina andante” consistía nunha especie de
carriño de dúas rodas, colocadas unha detrás doutra, e un
manillar. A persoa mantíñase sentada sobre unha pequena montura,
colocada no centro dun pequeno marco de madeira. Para moverse,
empurraba alternativamente co pé esquerdo e o dereito cara diante,
de forma parecida ao movemento dun patinador. Con este pulo, o
vehículo adquiría unha velocidade case idéntica á dun coche. Os
seus brazos descansaban sobre un pousabrazos de ferro, e coas mans
sostiña unha vara de madeira, unida á roda dianteira, que xiraba na
dirección cara á cal quería ir o condutor.
Este
invento está baseado na idea de que unha persoa, o camiñar,
desaproveita moita forza por ter que desprazar o seu peso en forma
alternada dun pé ó outro. Drais logrou crear este sinxelo vehículo
que permitiu ao home evitar ese traballo. Esta máquina, denominada
inicialmente draisiana en honor ao seu inventor e posteriormente
chamada máis comunmente velocípedo, evolucionou rápidamente.
A
construción da primeira bicicleta con pedais atribúese ao escocés
Kirpatrick Macmillan, no ano 1839. Unha copia da bicicleta de
Mcmillan exhíbese non Museu de Ciencias de Londres, Inglaterra.
Macmillan nunca patentou o invento, que posteriormente foi copiado en
1846 por Gavin Dalzell de Lesmahagow, quen o difundiu tan amplamente
que foi considerado durante cincuenta anos o inventor da bicicleta.
Cerca
de 1890, o inglés John Boyd Dunlop (afeccionado ó ciclismo e
creador da empresa homónima) inventou unha cámara de tela e caucho,
que se inflaba con aire e se colocaba na llanta. Para evitar
pinchazos, Dunlop inventou ademais unha cuberta tamén de caucho.
Estes inventos de Dunlop case non sufriron variacións significativas
dende a súa invención.
Dende
entón, as bicicletas non pararon de evolucionar. Hoxe en día, hai
bicicletas de montaña, competición, estrada, eléctricas,…
No hay comentarios:
Publicar un comentario